Vistas de página en total

Técnica Estilo Espalda

Técnica del estilo de espalda


Técnica de espalda



A técnica do estilo espalda conta coas seguintes fases:


Acción de pernas

Acción de brazos

Posición do corpo

Coordinación

Respiración




Acción das pernas

A acción das pernas no estilo espalda é máis importante ca de crol xa que nos axuda a propulsión, mantén o corpo en posición horizontal e compensa a acción de brazos. Outra diferenza é que as rodillas encóntranse máis flexionadas ao inicio da batida.

O movemento de pernas non é vertical neste estilo xa que o rolido fai que as pernas se movan hacia dentro e hacia fora ademais dos movementos ascendentes e descendentes de estas. 

Acción de brazos

A acción de brazos no estilo espalda conta con 2 fases: o barrido e o recobro.

Barrido ou tracción  Dentro do barrido atopamos 4 fases consecutivas:

Un primeiro barrido descendente que comeza ca entrada da man na auga, seguido dun primeiro barrido ascendente que inicia a propulsión; un segundo barrido descendente que pasa polo momento onde máis nos impulsamos; e un segundo barrido ascendente que prepara a man para o recobro.

Recobro  O recobro no estilo espalda consiste en que o brazo sae da auga totalmente extendido co pulgar mirando cara arriba e realiza un movemento hacia atrás para volver a comezar a tracción. O brazo entra na auga ao rematar o recobro co dedo meñique, na fase aérea prodúcese un cambio da posición da man.







Posición do corpo

A posición do corpo no estilo espalda é fundamental para realizar correctamente a acción dos brazos e das pernas.

A cabeza deberá estar situada o máis horizontalmente posible respecto a superficie da auga, os hombros terán que estar máis arriba cas cadeiras, estando o peito por encima da auga así como as cadeiras uns centímetros por debaixo para que as pernas non saian da auga ao realizar a patada.

Neste estilo inclúese o rolido, que é o movemento de rotación sobre o eixe lonxitudinal do corpo, onde a cabeza non se move. Debe realizarse en coordinación cos movementos de brazos, onde o corpo debe rotar hacia o lado do brazo que está a realizar o barrido descendente para comezar a tracción acuática.








Coordinación e Respiración

Coordinación brazo-brazo → Un brazo está entrando na auga mentres o outro realiza a acción de empuxe na tracción do estilo espalda

Coordinación brazos-pernas  O batido das pernas ten gran importancia, onde a coordinación que se utiliza de maneira xeral é o batido de seis tempos, onde o nadador realiza 6 patadas dende que un brazo entra na auga, e ese mesmo brazo volve a entrar no seguinte ciclo.

Coordinación brazos-respiración  A respiración neste estilo e máis simple ca no resto de estilos xa que o nadador non sumerxe a cabeza baixo a auga. O nadador deberá realizar unha respiración rítmica, é dicir, espirando na entrada dun brazo e inspirando na entrada do outro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario